asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo no BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme na carpeta de GOOGLE para abrila
paso 3
preme en FOTOS
paso 4
a primeira vez que entramos, deberemos configurar as opcións de copia de seguridade
por defecto aparécenos activada a opción de crear copia de seguridade das nosas fotos e vídeos na nosa conta de Google(1)
o interruptor en azul indica que a copia de seguridade está activada
por defecto, as fotos sincronizaranse unicamente cando esteamos conectados a unha rede wi-fi, deste xeito non esgotaremos o noso plan de datos
tamén, por defecto, as fotos gardaranse en Alta Calidade, suficiente anque lixeiramente inferior á capacidade da cámara do noso terminal, pero deste xeito teremos almacenamento ilimitado de balde
preme en LISTO
paso 5
a aplicación procederá a facer a copia de seguridade
este proceso levará máis ou menos tempo en función da cantidade de fotos e vídeos que teñas no móbil, así como da velocidade da túa conexión wi-fi. Ten paciencia
paso 6
agora debemos verificar que temos activada a opción de sincronización de fotos na nosa conta de Google
preme no botón de MENÚ CONTEXTUAL
paso 7
preme en AJUSTES
paso 8
preme en CREAR COPIA DE SEGURIDAD Y SINCRONIZAR
paso 9
preme en CREAR COPIA DE SEGURIDAD DE LAS CARPETAS DE...
paso 10
selecciona as carpetas da Galería das que queres crear copias de seguridade(1)
o interruptor en azul indica que a carpeta está seleccionada