asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme CÁMARA
paso 3
a pantalla mostrará o encadre da fotografía
para tirar unha foto tes que premer o botón do disparador(1)
todas as fotos que fagamos hanse gardar automaticamente na carpeta CÁMARA da GALERÍA(2)
paso 4
para pasar a modo vídeo, preme na icona de VÍDEO(1)
paso 5
as opcións da parte superior da pantalla permítenche o seguinte:
activar ou desactivar o FLASH(1)
activar o modo RETRATO para selfies(2)
activar distintos tipos de FILTROS predeterminados(3)
pasar á CÁMARA FRONTAL(4)
paso 6
despraza a pantalla de esquerda a dereita para ver máis opcións
paso 7
desde aquí podemos activar diferentes modos de fotografía e vídeo(1)
a opción resaltada en azul é a que está activa neste momento
preme na tecla de RETROCESO para saír
paso 8
despraza a pantalla de dereita a esquerda para acceder ás opcións avanzadas
paso 9
desde aquí podemos activar ou modificar diferentes axustes avanzados de foto e vídeo (resolución, almacenamento, temporizador, modos de enfoque, etc)(1)
os interruptores en azul indican opcións activadas