asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo no BOTÓN CENTRAL
paso 2
despraza a pantalla de abaixo a arriba para acceder ás aplicacións
paso 3
preme en FOTOS
paso 4
a primeira vez que entras na aplicación asegúrate de que o interruptor de CREAR COPIA DE SEGURIDAD Y SINCRONIZAR(1) estea na posición en azul, o que indica que está activado
deste xeito, o programa realizará a copia de seguridade das fotos do teu teléfono e sincronizaraas con todos os dispositivos nos que teñas a aplicación Fotos activada co teu usuario cando esteas conectado a unha rede wi-fi
preme en LISTO
paso 5
este proceso levará máis ou menos tempo en función da cantidade de fotos e vídeos que teñas no móbil, así como da velocidade da túa conexión wi-fi. Ten paciencia
paso 6
agora temos que seleccionar as carpetas que queremos ter sincronizadas
preme no botón de OPCIÓNS
paso 7
preme en AJUSTES
paso 8
preme en CREAR COPIA DE SEGURIDAD Y SINCRONIZAR
paso 9
o interruptor que activa as copias de seguridade e a sincronización(1) xa debería estar na posición en azul, se o activamos a primeira vez que entramos na aplicación Fotos
preme en CREAR COPIA DE SEGURIDAD DE LAS CARPETAS DE...
paso 10
selecciona as carpetas das que queres ter copia de seguridade
o interruptor en azul(1) indica que a carpeta ten a copia activada