paso 1
- retira a tapa traseira tal e como amosa a imaxe(1)
paso 2
- localiza as bandexas de emprazamento das tarxetas microSIM e microSD
- despraza as tapas metálicas de cada unha das bandexas cara atrás para liberalas(1)
- levanta as tapas para poder situar as tarxetas nos seus respectivos emprazamentos(2)
paso 3
- introduce as tarxetas microSIM e microSD nos seus emprazamentos, cos contactos cara abaixo, tal e como amosa a imaxe(1)
- baixa as tapas(2) e, presionando un pouco, desprázaas cara arriba, asegurándote de que queden bloqueadas(3)
paso 4
- mete a batería(1), introducindo primeiro o extremo dos contactos e, a continuación, coloca a tapa traseira(2)
paso 5
- preme durante 3 segundos o botón de ACENDIDO
paso 6
- no ordenador, selecciona a wi-fi do Link Zone e introduce o contrasinal se cho solicita
- atoparás o nome da wi-fi(SSID) e o contrasinal nunha etiqueta no interior da tapa traseira ou baixo a batería
paso 7
- a ranura USB para cargar o dispositivo atópase no lateral contrario ó botón de acendido
paso 8
- no ordenador, abre o teu navegador habitual e accede á siguiente dirección: 192.168.1.1(1)
paso 9
- precisaremos introducir o PIN para poder desbloquear a SIM
- preme en SE REQUIERE SIM
paso 10
- introduce o contrasinal de acceso(1)
- o contrasinal por defecto é admin
- preme en INICIAR
paso 11
- introduce o PIN da SIM(1)
- se non queres que che volva pedir o PIN cada vez que reinicies o dispositivo, selecciona o check de AUTO VALIDAR(2)
- o check en azul indica que está seleccionado
- preme en ACEPTAR e xa podes navegar utilizando o plan de datos que teñas contratado
paso 12
- na parte superior do Link Zone, temos unha serie de iconas retroiluminadas que nos informan do estado do dispositivo:
- intensidade do sinal de datos(1)
- wi-fi activo(2)
- presencia de SMS sen ler(3)
- carga da batería(4)