a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET. Se non a tes configurada, revisa como facelo no titorial de configuración de internet
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
despraza a pantalla de abaixo a arriba para acceder ás APLICACIÓNS
paso 3
preme PLAY STORE
paso 4
play store require ter unha conta GOOGLE para funcionar. Se non a tes activada no teléfono, aparecerá a pantalla de configurar a conta de GOOGLE
preme O CREA UNA NUEVA CUENTA para dar de alta unha nova conta de GOOGLE
paso 5
introduce o teu nome(1) e apelidos(2)
preme en SIGUIENTE
paso 6
introduce a túa data de nacemento(1) e o teu sexo(2)
preme SIGUIENTE
paso 7
introduce un nome de usuario(1) e preme SIGUIENTE
paso 8
GOOGLE comprobará a dispoñibilidade dese nome de usuario
se o nome de usuario está ocupado devólvenos á pantalla anterior para introducir unha alternativa(1) ou escoller un dos usuarios que propón GOOGLE(2)
preme SIGUIENTE
paso 9
unha vez elixido un nome de usuario libre, introduce un contrasinal para a conta. Debe ter polo menos 8 caracteres(1)
volve escribir o contrasinal(2)
preme en SIGUIENTE
paso 10
opcionalmente, podes indicar o teu número de teléfono para recuperar o contrasinal no caso de que o esquezas
preme en SALTAR para omitir este paso e continuar
paso 11
preme ACEPTO se estás de acordo coas condicións de servizo de Google e poder continuar
paso 12
preme SIGUIENTE para continuar
paso 13
o interruptor activado(1), en azul, indica que aceptas que GOOGLE garde os teus contrasinais wi-fi e certos datos do teu teléfono para que a utilización sexa máis fluida