R
guias de uso móbilR
huawei y6 2017
realizar/gardar foto-vídeo
<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal
paso 1
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme CÁMARA
paso 3
a pantalla mostrará o encadre da fotografía
para tirar unha foto tes que premer o botón do disparador(1)
todas as fotos que fagamos hanse gardar automaticamente na carpeta CÁMARA da GALERÍA(2)
paso 4
para pasar a modo vídeo, despraza a pantalla de dereita a esquerda
paso 5
as opcións da parte superior da pantalla permítenche o seguinte:
activar ou desactivar o FLASH(1)
cambiar á CÁMARA FRONTAL(2)
preme o botón de MENÚ
paso 6
desde aquí podes activar máis opcións: modo HDR, foto panorámica, activar marca de auga...(1)
preme no botón de AXUSTES para acceder a controis avanzados
paso 7
desde aquí podemos modificar a resolución, activar o GPS, o temporizador...(1)
os interruptores en verde indican que a opción está activada
preme na tecla de RETROCESO para saír