asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
despraza a pantalla de abaixo a arriba para acceder ás APLICACIÓNS
paso 3
preme CÁMARA
paso 4
a pantalla mostrará o encadre da fotografía
para tirar unha foto tes que premer o botón do DISPARADOR
as fotos gardaranse automaticamente na carpeta PHOTOS da aplicación FOTOS, á que podemos acudir directamente premendo na miniatura da última foto sacada(1)
paso 5
para cambiar a modo VÍDEO ou FOTO PANORÁMICA, despraza a pantalla á dereita ou esquerda
na parte superior da pantalla mostrarase o modo actual subliñado en vermello(1)
paso 6
na parte inferior do encadre tes acceso ás funcións de FLASH(1), TEMPORIZADOR(2), GRELLA DE ENCADRE(3) é ós programas preestablecidos para diferentes escenas(4)
preme o botón de AXUSTES para ver outras opcións
paso 7
desde aquí poderás modificar outros axustes como o formato e resolución de fotografía, almacenaxe das fotos e vídeos, etc.(1)
preme a tecla de RETROCESO para volver ó modo cámara
paso 8
para cambiar de cámara traseira á dianteira, preme no botón situado á dereita do disparador