samsung galaxy note 8

inserir SIM e primeiros pasos

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal

paso 1 paso 1 paso 1


  • introduce a ferramenta subministrada no burato situado na parte superior do terminal(1)

  • retira as bandexas de soporte das tarxetas(2)

  • sitúa a tarxeta nanoSIM no seu emprazamento, tal e como se indica no debuxo(3)

  • sitúa a tarxeta microSD no seu emprazamento, tal e como mostra o debuxo(4)

  • volve introducir a bandexa no seu lugar(5)


paso 2 paso 2 paso 2


  • a ranura USB para cargar o móbil ou conectalo ao ordenador atópase na parte inferior do dispositivo


paso 3 paso 3 paso 3


  • acende o móbil premendo o botón lateral(1)


paso 4 paso 4 paso 4


  • debes introducir o PIN da tarxeta SIM

  • atoparás o PIN na lata de sardiñas ou na cinta de casete R que ven coa SIM, ou na web de clientes R: http://clientes.mundo-r.com


paso 5 paso 5 paso 5


  • introduce o PIN da SIM(1) e preme OK


paso 6 paso 6 paso 6


  • selecciona o idioma do teléfono(1) e preme en COMENZAR


paso 7 paso 7 paso 7


  • en conexión wi-fi prememos SIGUIENTE

  • poderemos conectarnos a unha rede wi-fi máis adiante


paso 8 paso 8 paso 8


  • debemos aceptar todos os termos de uso para poder continuar(1)

  • os checks en azul indican que están seleccionados

  • preme en SIGUIENTE


paso 9 paso 9 paso 9


  • preme SALTAR

  • poderás configurar a túa conta google e sincronizar os datos máis adiante


paso 10 paso 10 paso 10


  • preme SALTAR para confirmar


paso 11 paso 11 paso 11


  • podes introducir o teu nome e apelidos(1) para personalizar algunhas aplicacións, como Bluetooth

  • preme SIGUIENTE


paso 12 paso 12 paso 12


  • selecciona NO, GRACIAS(1) para omitir a configuración de protección de pantalla neste momento

  • o check en azul indica a opción seleccionada

  • preme en OMITIR


paso 13 paso 13 paso 13


  • preme en OMITIR IGUAL para confirmar


paso 14 paso 14 paso 14


  • preme en SIGUIENTE para aceptar as condicións de Google e poder continuar


paso 15 paso 15 paso 15


  • preme en ACEPTAR

  • descargaranse as últimas versións dos programas seleccionados en canto te conectes a unha rede wi-fi


paso 16 paso 16 paso 16


  • preme en OMITIR

    poderás crear unha conta de Samsung máis adiante


paso 17 paso 17 paso 17


  • preme en OMITIR para confirmar


paso 18 paso 18 paso 18


  • tes a posibilidade de facer unha copia dos contidos do teu anterior dispositivo automaticamente

  • preme en OMITIR, veremos como recuperar contidos máis adiante


paso 19 paso 19 paso 19


  • non precisamos facer nada máis

  • preme en FINALIZAR