paso 1
- retira a tapa traseira(1)
- insire a/s tarxeta/s microSIM no/s seu/s emprazamento/s, prestando atención á posición, tal e como se amosa no debuxo(2)
- introduce a tarxeta microSD no seu emprazamento(3)
- coloca a batería se non o fixeras antes e volve colocar a tapa traseira
paso 2
- a ranura USB para cargar o móbil ou conectalo ó ordenador atópase na parte inferior do terminal
paso 3
- acende o móbil premendo o BOTÓN DE ACENDIDO(1) durante 2 segundos
paso 4
- debes introducir o PIN da tarxeta SIM
- atoparás o PIN na lata de sardiñas ou na cinta de casette R que ven coa SIM, ou na web de clientes R: http://clientes.mundo-r.com
paso 5
- introduce o PIN da SIM(1) e preme na icona de VALIDAR
paso 6
- selecciona o idioma do teléfono(1) e preme en EMPECEMOS
paso 7
- temos a posibilidade de recuperar os nosos datos do anterior dispositivo
- para continuar co titorial, prememos en CONFIGURAR COMO NUEVO, de xeito que aprenderemos a facer cada cousa manualmente
paso 8
- en CONÉCTATE A UNA RED, pulsamos en USAR LA RED MÓVIL PARA LA CONFIGURACIÓN
- poderemos conectarnos a unha rede wi-fi máis adiante
paso 9
- preme en CONTINUAR para confirmar
paso 10
- preme en SALTAR para configurar a túa conta de Google máis adiante
paso 11
- preme en SALTAR para confirmar
paso 12
- podes introducir o teu nome e apelidos(1) para personalizar certas aplicacións de Google
- preme SIGUIENTE
paso 13
- preme en OMITIR, poderás configurar a protección de pantalla por pegada dactilar máis adiante
paso 14
- preme en SI, OMITIR para confirmar
paso 15
- o terminal enviará certa información de uso do teléfono a Google para mellorar o servizo
- preme en SIGUIENTE se estás de acordo coas condicións de uso e poder continuar
paso 16
- preme en LISTO
- veremos como configurar as contas de correo e outros axustes máis adiante
paso 17
- activa, se queres, o CONSENTIMIENTO DE LOCALIZACIÓN para activar a túa localización dun xeito máis rápido e eficiente
- o check en azul indica que a opción está activada(1)
- preme en SIGUIENTE
paso 18
- asegúrate de activar o check de CONSENTIMENTO DA POLÍTICA DE PRIVACIDADE DE WIKO para poder continuar(1)
- o check en verde indica que está activada
- preme en CONTINUAR no lugar de Aceptar para non descargar as aplicacións suplementarias de Wiko neste momento
paso 19
- preme en SALTAR, poderás configurar a túa conta de Wiko máis adiante
paso 20
- preme en HACERLO MÁS TARDE para confirmar
paso 21
- moi probablemente a configuración de acceso a internet de R (APN) instalarase soa no terminal
- se non fose asi, ou por calquera razón se desconfigurase, veremos como activala manualmente máis adiante
- preme en SELECCIONAR
paso 22
- preme no BOTÓN CENTRAL para saír
paso 23
- preme en OMITIR
- veremos como instalar as aplicacións que queiramos máis adiante
paso 24
- preme en ACEPTAR para confirmar
- xa temos configurado o noso terminal