asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme no botón de acceso ás APLICACIÓNS
paso 3
preme CÁMARA
paso 4
a pantalla mostrará o encadre da fotografía
para tirar unha foto tes que premer o botón do DISPARADOR
as fotos gardaranse automaticamente na carpeta CÁMARA da GALERÍA, á que podemos acceder directamente premendo na miniatura da última foto sacada(1)
paso 5
para cambiar a modo VÍDEO, despraza a pantalla á dereita ou esquerda
paso 6
na parte superior do encadre tes acceso ás funcións de HDR para a mellora automática da calidade da imaxe(1), FLASH(2), MODOS DE COLOR(3) e MODOS DE FOTOGRAFÍA(4)
preme o botón de AXUSTES para ver outras opcións
paso 7
desde aquí poderás modificar outros axustes como o formato e resolución da fotografía, temporizador, modo de disparo...(1)
as opcións resaltadas en verde indican que están activadas
preme a tecla de RETROCESO para volver ó modo cámara
paso 8
para cambiar de cámara traseira á dianteira, preme no botón situado á dereita do disparador