asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme no botón de acceso ás APLICACIÓNS
paso 3
preme en FOTOS
paso 4
preme en EMPEZAR
paso 5
a primeira vez que entras na aplicación coa conta de gmail activada, asegúrate de que o interruptor de CREAR COPIA DE SEGURIDAD Y SINCRONIZAR(1) estea na posición en azul, o que indica que está activado
deste xeito, o programa realizará a copia de seguridade das fotos do teu teléfono e sincronizaraas con todos os dispositivos nos que teñas a aplicación Fotos activada co teu usuario cando esteas conectado a unha rede wi-fi
preme en LISTO
paso 6
este proceso levará máis ou menos tempo en función da cantidade de fotos e vídeos que teñas no móbil, así como da velocidade da túa conexión wi-fi. Ten paciencia