paso 1
- introduce a ferramenta de extracción de SIM ou un clip no burato da bandexa da SIM, situado no lateral dereito do terminal(1)
- insire a tarxeta nanoSIM no seu emprazamento, tal e como se mostra no debuxo(2), cos contactos cara abaixo
- volve introducir a bandexa no seu lugar(3)
paso 2
- a ranura para introducir o cable Lightning-USB de carga ou de conexión co ordenador atópase na parte inferior do terminal
paso 3
- acende o móbil
- o BOTÓN DE ACENDIDO atópase no lateral dereito do teléfono
paso 4
- verás un saúdo en varios idiomas
- preme o BOTÓN DE INICIO
paso 5
- preme no idioma que queres activar no teléfono
paso 6
- preme no país para o que queres activar o teléfono
paso 7
- Apple facilítache a migración desde un dispositivo con ios 11
- unicamente terás que achegalo para copiar a configuración
- neste titorial aprenderemos como configuralo desde cero
- preme en CONFIGURAR MANUALMENTE
paso 8
- veremos como conectarnos a unha rede wi-fi máis adiante
- preme en USAR CONEXIÓN MÓVIL para continuar coa configuración a través da túa conexión de datos
paso 9
- preme en CONFIGURAR TOUCH ID MÁS TARDE
- poderás activar este servizo máis adiante
paso 10
- preme en NO USAR para confirmar
paso 11
- introduce un código de 6 cifras(1)
- servirá como opción de desbloqueo por defecto para o teu teléfono
paso 12
- repite o código de desbloqueo(1)
paso 13
- se xa disponíamos dun iphone, temos a posibilidade de recuperar a configuración e datos anteriores
- para continuar co titorial, prememos en CONFIGURAR COMO UN NUEVO IPHONE
paso 14
- agora introduce o teu ID de Apple (o mesmo se tes un Macbook, un iPad, ou outro iPhone anterior)(1) e o teu contrasinal(2)
- o ID de Apple é imprescindible para acceder a todos os servizos de Apple: AppStore, iCloud, localización de dispositivos...
- se non tes un ID ou queres crear un novo, configurarémolo neste momento premendo en ¿NO TIENES UN ID DE APPLE O LO HAS OLVIDADO?
paso 15
- preme en CREAR UN ID DE APPLE GRATUITO
paso 16
- introduce a túa data de nacemento desprazando os diais cara arriba ou cara abaixo(1)
- preme en SIGUIENTE
paso 17
- introduce o teu nome(1) e apelidos(2) e preme en SIGUIENTE
paso 18
- debemos introducir un correo electrónico
- podemos utilizar un correo que xa temos(1) ou crear un novo correo de Apple(usuario@icloud.com)(2)
- por comodidade e por ter o mínimo de contas de correo asociadas a diferentes servizos, prememos, a modo de exemplo, en UTILIZAR TU CORREO ACTUAL(1)
paso 19
- introduce o teu enderezo de correo(1) e preme en SIGUIENTE
paso 20
- introduce un contrasinal para o teu Apple ID(1)
- debe ter, polo menos, 8 caracteres e incluir un número, unha letra maiúscula e unha minúscula
- repite o contrasinal(2)
- preme SIGUIENTE
paso 21
- agora deberemos confirmar a nosa identidade
- comproba que o teléfono que aparece é o correcto(1)
- activa a opción SMS como forma de verificación(2)
- o check indica que está seleccionada
- preme en SIGUIENTE
- recibiremos un SMS cun código pero non teremos que facer nada, o iphone fará a súa propia autoverificación
paso 22
- preme en ACEPTO se estás de acordo cos termos e condicións de servizo do sistema operativo (IOS), iCloud e Game Center e poder continuar
paso 23
- podemos activar(1) ou desactivar(2) os servizos de localización
- recomendámosche que o actives para poder usar servizos como o localizador de iphone en caso de roubo ou a navegación
- preme en ACTIVAR LOCALIZACIÓN(1)
paso 24
- preme en CONTINUAR para activar Siri, o asistente de Apple
paso 25
- segue as instruccións da pantalla para configurar Siri coa túa voz
paso 26
- podes compartir(1) ou non(2) con Apple o comportamento do teu iphone para axudar a mellorar o produto
- preme na opción que queiras
paso 27
- podes compartir(1) ou non(2) cos desenvolvedores das apps o comportamento do teu iphone para axudar a mellorar os seus produtos
- preme na opción que queiras
paso 28
- tes a posibilidade de configurar o estilo de click do botón central
- preme en PERSONALIZAR MÁS TARDE EN AJUSTES, poderás facelo en calquera momento
paso 29
- preme en SELECCIONA LA VISUALIZACIÓN
paso 30
- selecciona a solapa ESTÁNDAR(1) ou ZOOM(2) para ver as iconas da pantalla de un menor ou maior tamaño
- a opción resaltada en azul é a que está seleccionada
- preme en SIGUIENTE
paso 31
- o teléfono xa está configurado e listo para o seu uso
- preme en EMPEZAR para acceder á pantalla de inicio