paso 1
- a conexión con App Store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET e un APPLE ID. Se non os tes configurados, revisa como facelo nos manuais correspondentes:
- asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN DE INICIO
paso 2
paso 3
- a procura de aplicacións podémola facer de dous xeitos:
- premendo na icona da LUPA(1) na parte inferior, faremos unha procura directa da aplicación se lle sabemos o nome
- tamén podemos buscar as aplicacións accedendo ás distintas categorías(2) (xogos, fotografía, educación...) ou especificamente ós xogos(3); a modo de exemplo, prememos en JUEGOS(3)
paso 4
- podemos desprazarnos á dereita ou esquerda e arriba ou abaixo, de acordo coas clasificacións que propón a App Store
- a modo de exemplo, desprazámonos cara abaixo, ata o apartado TOP GRATIS(1) e prememos no OBTENER situado á dereita do xogo que queiramos
paso 5
paso 6
- sempre que instalemos algo desde App Store teremos que identificarnos
- poderemos facelo de dous xeitos:
- introducindo o contrasinal do noso Apple ID(1) e premendo en INICIAR SESIÓN
- ou ben, utilizando a pegada dactilar, se así o temos configurado
paso 7
- unha vez descargada e instalada a aplicación, poderemos executala directamente premendo en ABRIR
paso 8
- para acceder ás aplicacións que teñamos descargado situámonos na pantalla de inicio premendo o BOTÓN DE INICIO
paso 9
- posiblemente teñas que desprazar a pantalla de dereita a esquerda para moverte entre as diferentes fiestras de inicio para localizar a aplicación
- para abrila, prememos sobre ela