a conexión con App Store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET. Se non a tes configurada, revisa como facelo no titorial de configuración de internet
sitúate na pantalla de inicio desprazando o dedo pola pantalla de abaixo a arriba
paso 2
preme en AJUSTES
paso 3
preme en ITUNES STORE Y APP STORE
paso 4
App Store require ter un Apple ID para funcionar. Se non dispós dun Apple ID preme en CREAR UN NUEVO ID DE APPLE
paso 5
introduce un correo electrónico que xa teñas operativo(1)
este será o teu novo ID de Apple
introduce un contrasinal(2) e repíteo(3)
o contrasinal deberá constar, polo menos, de 8 caracteres e incluir un número, unha maiúscula e unha minúscula
paso 6
asegúrate de que o país é o correcto(1)
preme no interruptor de aceptación de termos(2) para que estea na posición verde, que indica que estás de acordo e podes continuar
preme en SIGUIENTE
paso 7
introduce os teus datos(1) e cubre as preguntas de seguridade(2), que che axudarán no caso de esquecer o contrasinal
preme en SIGUIENTE
paso 8
é preciso que introduzas un dos medios de pago para poderes descargar aplicacións de pago(1)
Apple non aplicará ningún cargo sen o teu consentimento
introduce os teus datos de facturación(2)
preme en SIGUIENTE
paso 9
introduce o código que Apple che envía ó correo electrónico que puxeches como ID de Apple(1)
preme en VERIFICAR
paso 10
o proceso está completado
preme en CONTINUAR
paso 11
xa tes configurado o teu novo Apple ID(1) e podes utilizar App Store