a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET e unha CONTA DE CORREO DE GOOGLE. Se non as tes configuradas, revisa como facelo nos seguintes titoriais: CONEXIÓN A INTERNET e CONTA CORREO GOOGLE
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
despraza a pantalla de abaixo a arriba para acceder ás APLICACIÓNS
paso 3
preme PLAY STORE
paso 4
a busca de aplicacións podemos facela de dúas maneiras:
premendo na CAIXA DE TEXTO da parte superior(1) faremos unha procura directa da aplicación se lle sabemos o nome
na parte central dispoñemos dunha primeira clasificación do que podemos baixar (aplicacións, películas, xogos...)
como exemplo, prememos en JUEGOS
paso 5
na parte superior da pantalla(1) temos a clasificación do tipo de elemento que teñamos elixido no paso anterior, neste caso, xogos
desprazando a pantalla á dereita ou á esquerda moverémonos entre más populares, categorías e familia(2)
a modo de exemplo, preme en MÁS POPULARES
paso 6
preme sobre o xogo que queiras descargar
paso 7
preme en INSTALAR
paso 8
a primeira vez que descargues unha aplicación é posible que Play Store che solicite completar a configuración da túa conta
nese caso, preme en CONTINUAR
paso 9
preme en SALTAR
poderás configurar a forma de pagamento en calquera momento que descargues unha aplicación de pago
paso 10
unha vez descargado podemos abrilo inmediatamente premendo ABRIR
paso 11
para acceder en calquera momento ás aplicacións que descargamos situámonos na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 12
despraza a pantalla de abaixo a arriba para acceder ás APLICACIÓNS
paso 13
atoparemos a aplicación que descargamos situada en último lugar
é posible que precises desprazar a pantalla de dereita a esquerda para atopala