paso 1
- introduce a ferramenta subministrada no burato situado no lateral esquerdo do terminal(1) e retira a bandexa oculta
- coloca a nanoSIM e a tarxeta microSD nos seus emprazamentos ou, se preocede, dúas tarxetas nanoSIM tal e como se mostra no debuxo(2)
- volve colocar a bandexa no seu lugar
paso 2
- a ranura USB para cargar o móbil ou conectalo ó ordenador atópase na parte inferior do terminal
paso 3
- acende o móbil premendo o botón de ACENDIDO(1) durante 2 segundos
paso 4
- debes introducir o PIN da tarxeta SIM
- atoparás o PIN na lata de sardiñas R ou na cinta de casete R que ven coa SIM, ou na web de clientes R: http://clientes.mundo-r.com
paso 5
- introduce o pin da SIM(1) e preme ACEPTAR
paso 6
- selecciona o idioma do teléfono(1) e preme en SIGUIENTE
- o resalte en azul indica o idioma seleccionado
paso 7
- preme en ACEPTO se estás de acordo cos termos e condicións de uso e poder continuar
paso 8
- preme en ACEPTO para confirmar
paso 9
- solicítase o envío de datos a Huawei para a mellora do produto
- preme en MÁS TARDE
paso 10
- selecciona, se queres, os servizos de WI-FI+(1) e de TEMPO(2)
- os checks en azul indican se están seleccionados
- estes servizos activan a localización do teléfono
- preme en SIGUIENTE
paso 11
- preme en OMITIR, aprenderemos a conectarnos a unha rede wi-fi máis adiante
paso 12
- preme en SALTAR na configuración da conta de Google
- poderemos configurala máis adiante
paso 13
- preme SALTAR para confirmar que non queremos configurar a conta de Google neste momento
paso 14
- activa ou desactiva os servizos de Google que queiras(1)
- os interruptores en azul indican servizos activados
- preme en ACEPTO
paso 15
- temos a posibilidade de copiar os datos do noso anterior dispositivo
- para continuar co propósito deste titorial, prememos en CONFIGURAR COMO NUEVO
paso 16
- dado que non recuperaremos datos de momento, prememos en OMITIR
paso 17
- preme en ACEPTAR para confirmar
paso 18
- preme en AHORA NO, poderás configurar o servizo CLOUD de Huawei máis adiante
paso 19
- preme en OMITIR, aprenderemos a bloquear o teléfono máis adiante
paso 20
- o teu teléfono xa está configurado e pronto para usarse
- preme en COMENZAR para acceder á pantalla de inicio