asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme CÁMARA
paso 3
a pantalla mostrará o encadre da fotografía
para tirar unha foto tes que premer o botón do disparador(1)
todas as fotos que fagamos hanse gardar automaticamente na carpeta CÁMARA da GALERÍA, á que poderemos acceder directamente premendo na miniatura da última foto sacada(2)
paso 4
para pasar a modo vídeo, preme na icona de VÍDEO
paso 5
as opcións da parte superior da pantalla permítenche o seguinte:
activar ou desactivar o FLASH(1)
abrir o DIAFRAGMA(2)
activar o MODO RETRATO(3)
paso 6
tamén podes:
habilitar o MODO DE FOTO CON MOVIMENTO(1)
cambiar á CÁMARA FRONTAL para selfies(2)
paso 7
despraza a pantalla de dereita a esquerda para visualizar máis opcións
paso 8
desde aquí podes modificar a resolución de fotos e vídeos, activar a ubicación, o temporizador, etc.(1)
o interruptor en azul en determinadas opcións indica que están activadas
preme a TECLA DE RETROCESO para volver á pantalla de encadre
paso 9
despraza a pantalla de esquerda a dereita para ver más opcións
paso 10
desde aquí podemos activar distintos modos de fotografía
o modo resaltado en azul indica que é o que está activo neste momento
preme a TECLA DE RETROCESO para volver á pantalla de encadre