asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
despraza a pantalla de abaixo a arriba para acceder ás APLICACIÓNS
paso 3
preme en AJUSTES
paso 4
despraza a pantalla cara abaixo e preme en ACTUALIZACIÓN DE SOFTWARE
paso 5
se houbera dispoñible algunha actualización aparecería nesta pantalla e a instalaríamos premendo en DESCARGA MANUAL(1)
tamén podemos ter acticada a DESCARGA AUTOMÁTICA(2), de xeito que non faría falta intervención pola nosa parte para descargar as novas actualizacións, unicamente decidiríamos o momento da instalación cando nolo preguntase
o interruptor en azul indica que a descarga automática está activada
paso 6
podes realizar copias de seguridade dos datos do teu teléfono simplemente conectándoo ao ordenador co cable USB subministrado. O ordenador recoñecerá o teléfono como unha unidade de disco extraíble da que podes facer copia dos datos