huawei y7 2018

realizar/gardar foto-vídeo

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal

paso 1 paso 1 paso 1


  • asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL


paso 2 paso 2 paso 2


  • preme CÁMARA


paso 3 paso 3 paso 3


  • a pantalla mostrará o encadre da fotografía

  • para tirar unha foto tes que premer o botón do disparador(1)

  • todas as fotos que fagamos hanse gardar automaticamente na carpeta CÁMARA da GALERÍA, á que poderemos acceder directamente premendo na miniatura da última foto sacada(2)


paso 4 paso 4 paso 4


  • para sacar un vídeo, preme no botón situado á dereita do disparador de fotografías


paso 5 paso 5 paso 5


  • despraza a pantalla de esquerda a dereita para acceder a opcións de fotografía


paso 6 paso 6 paso 6


  • desde esta pantalla podemos activar distintos modos de fotografía(1)

  • o modo resaltado en azul é o que está activo neste momento

  • preme na tecla de RETROCESO para volver á pantalla de encadre


paso 7 paso 7 paso 7


  • despraza a pantalla de dereita a esquerda para acceder a máis opcións


paso 8 paso 8 paso 8


  • desde aquí podes modificar a resolución de fotos e vídeos, activar a ubicación, o temporizador, etc.(1)

  • o interruptor en azul en determinadas opcións indica que están activadas

  • preme a tecla de RETROCESO para volver á pantalla de encadre


paso 9 paso 9 paso 9


  • na parte superior da pantalla temos acceso a outras funcións:

  • activar o modo de flash(1)

  • habilitar o modo retrato(2)

  • cambiar á cámara frontal(3)