introduce a ferramenta que atoparás na caixa do móbil no burato do lateral esquerdo para retirar a bandexa e introducir as tarxetas SIM(1) ou SIM e SD(2) na bandexa extraíble
tipo de tarxeta SIM: nanoSIM
tipo de tarxeta SD: microSD
presta atención á colocación das tarxetas de acordo co indicado no debuxo
paso 2
a ranura USB para cargar o móbil ou conectalo ó ordenador atópase na parte inferior do terminal
paso 3
acende o móbil premendo o BOTÓN DE ACENDIDO(1) durante 2 segundos
paso 4
debes introducir o PIN da tarxeta SIM
atoparás o PIN na lata de sardiñas ou na cinta de casette R que ven coa SIM, ou na web de clientes R: http://clientes.mundo-r.com
paso 5
introduce o PIN da SIM(1) e preme na icona de VALIDAR
paso 6
selecciona o idioma do teléfono(1) e preme en COMENZAR
paso 7
preme no interruptor de ACTIVAR DATOS MÓVILES(1)
a posición en morado indica que está activado
deste xeito poderemos usar todas aquelas aplicacións que precisen conexión de datos usando a nosa cota de datos contratada
preme en SIGUIENTE
paso 8
en CONECTARSE A REDES WI-FI, prememos en SALTAR
poderemos conectarnos a unha wi-fi máis adiante
paso 9
preme en CONTINUAR
paso 10
podes introducir o teu nome e apelidos(1) para personalizar certas aplicacións de Google
preme SIGUIENTE
paso 11
preme en SALTAR, poderás configurar a túa pegada dixital máis adiante
paso 12
preme en AHORA NO, poderás configurar a protección de pantalla máis adiante
paso 13
preme en SI, SALTAR para confirmar
paso 14
podes activar ou desactivar o servizo de ubicación de Google en determinadas aplicacións para mellorar o seu rendimento ou resposta(1)
os interruptores en azul indican que a opción está activada
preme en ACEPTO
paso 15
preme en NO, GRACIAS
veremos como configurar as contas de correo e outros axustes máis adiante
paso 16
activa ou desactiva os servizos de BQ que queiras(1)
os interruptores en morado indican que las opcións están activadas
despraza a pantalla cara abaixo e preme en SIGUIENTE