R
guias de uso móbilR
bq aquaris x2
procura e descarga de aplicacións
<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal
paso 1
a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET e unha CONTA DE CORREO DE GOOGLE. Se non as tes configuradas, revisa como facelo nos manuais correspondentes:
CONEXIÓN A INTERNET
e
CONTA CORREO GOOGLE
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
despraza a pantalla de abaixo a arriba para acceder ás APLICACIÓNS
paso 3
preme en PLAY STORE
paso 4
a busca de aplicacións podemos facela de dúas maneiras:
premendo na CAIXA DE TEXTO da parte superior(1) faremos unha procura directa da aplicación se lle sabemos o nome
na parte central dispoñemos dunha primeira clasificación do que podemos baixar (aplicacións, xogos, películas ou libros)
como exemplo, seleccionamos APLICACIONES Y JUEGOS premendo enriba
paso 5
a modo de exemplo, imos descargar un xogo
prememos en JUEGOS
paso 6
como exemplo, prememos en MÁS POPULARES para ver a relación de xogos máis descargados
paso 7
a modo de exemplo situámonos en TOP JUEGOS(1) e prememos sobre o xogo que queiramos
paso 8
prememos en INSTALAR
paso 9
unha vez descargado podemos abrilo inmediatamente premendo ABRIR
paso 10
para acceder en calquera momento ás aplicacións que descargamos situámonos na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 11
despraza a pantalla de abaixo a arriba para acceder ás APLICACIÓNS
paso 12
atoparemos a aplicación que descargamos ordenada alfabeticamente
premendo sobre ela abrirémola