paso 1
- a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET e unha CONTA DE CORREO DE GOOGLE. Se non as tes configuradas, revisa como facelo nos seguintes titoriais: CONEXIÓN A INTERNET e CONTA CORREO GOOGLE
- asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
- despraza a pantalla de abaixo a arriba para acceder ás APLICACIÓNS
paso 3
paso 4
- a busca de aplicacións podemos facela de dúas maneiras:
- premendo na CAIXA DE TEXTO da parte superior(1) faremos unha procura directa da aplicación se lle sabemos o nome
- na parte central dispoñemos dunha primeira clasificación do que podemos baixar (aplicacións, películas, xogos...)
- como exemplo, prememos en JUEGOS
paso 5
- na parte superior da pantalla(1) temos a clasificación do tipo de elemento que teñamos elixido no paso anterior, neste caso, xogos
- desprazando a pantalla á dereita ou á esquerda moverémonos entre para ti, más populares, premium, categorías e familia(2)
- a modo de exemplo, preme en MÁS POPULARES
paso 6
- preme sobre o xogo que queiras descargar
paso 7
paso 8
- unha vez descargado podemos abrilo inmediatamente premendo ABRIR
paso 9
- para acceder en calquera momento ás aplicacións que descargamos situámonos na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 10
- despraza a pantalla de abaixo a arriba para acceder ás APLICACIÓNS
paso 11
- atoparemos a aplicación que descargamos situada en último lugar
- premendo nela abrirémola