para compartir por bluetooth un arquivo con outros dispositivos precisas ter activado o bluetooth; se non sabes como facelo, amosámoscho no titorial de activar bluetooth
todos os arquivos susceptibles de seren enviados por bluetooth han ter esta opción dispoñible a través do menú contextual unha vez que os teñamos seleccionados
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
o exemplo farémolo enviando un dos nosos contactos
despraza a pantalla de dereita a esquerda para acceder a máis APLICACIÓNS
paso 3
preme na carpeta ESENCIALES para abrila
paso 4
preme en CONTACTOS
paso 5
se escribimos as primeiras letras do contacto que buscamos(1) irásenos acotando a listaxe de contactos
prememos sobre o contacto que queremos enviar
paso 6
ábrense todos os datos do contacto na nova fiestra
preme no botón de MENÚ CONTEXTUAL
paso 7
preme en COMPARTIR
paso 8
preme BLUETOOTH
paso 9
preme sobre o dispositivo de destino
a tarxeta do contacto enviarase ó dispositivo seleccionado
o tempo de envío dependerá do tamaño do arquivo seleccionado