paso 1
- asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
- despraza a pantalla de abaixo a arriba para acceder ás APLICACIÓNS
paso 3
paso 4
- as fotos organízanse de xeito automático en álbumes en función da súa orixe
- a modo de exemplo, prememos en DESCARGA, que son as fotos baixadas de internet ou recibidas por correo electrónico
paso 5
- aparécenos a listaxe de todas as fotos que hai na carpeta
- prememos sobre calquera unha
paso 6
- ábrese a pantalla completa
- nas opcións da parte inferior poderemos recortar e xirar a imaxe(1), aplicar filtros(2) ou engadir texto e stickers(3)
paso 7
- tamén podemos debuxar por riba(1), compartila por correo electrónico, mensaxes, redes sociais, etc.(2), e borrala(3)
- para acceder a outras funcións, preme no botón de MENÚ CONTEXTUAL
paso 8
- desde aquí poderemos acceder ós detalles da foto, imprimila, establecela como fondo de pantalla ou de contacto, etc.(1)