asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
despraza a pantalla de abaixo a arriba para acceder ás APLICACIÓNS
paso 3
preme en CÁMARA
paso 4
a pantalla mostrará o encadre da fotografía
para tirar unha foto tes que premer o botón do disparador(1)
todas as fotos que fagamos hanse gardar automaticamente na carpeta CÁMARA da GALERÍA(2)
paso 5
para gravar vídeo, preme na icona de VÍDEO(1)
despraza a pantalla de dereita a esquerda ou de esquerda a dereita para cambiar entre os distintos modos de fotografía: automático, enfoque selectivo, cámara lenta...(2)
paso 6
desde as iconas da parte central, podemos cambiar á cámara frontal(1), poñer distintos filtros de cor(2) ou activar os modos de flash(3)
paso 7
tamén podemos activar o modo de pantalla completa(1)
preme na icona de CONFIGURACIÓN para acceder a máis funcións
paso 8
desde esta pantalla poderemos modificar o tamaño das imaxes de foto e vídeo, a definición, o temporizador, etc.(1)
o interruptor en azul ao pé de determinadas opcións indica que están activadas