asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo no BOTÓN CENTRAL
paso 2
despraza a pantalla de abaixo a arriba para acceder ás APLICACIÓNS
paso 3
preme na carpeta de GOOGLE
paso 4
preme en FOTOS
paso 5
a primeira vez que entras, terás que asignarlle os permisos á aplicación para acceder ás fotos do terminal
preme en PERMITIR
paso 6
preguntarache se desexas realizar copia das túas fotos e vídeos
o check en azul(1) indica que a opción está activa
por defecto, terás almacenamento ilimitado con copia das fotos en alta calidade e as fotos sincronizaranse unicamente cando esteas conectado a unha rede wi-fi
poderás cambiar estes parámetros en calquera momento
preme en LISTO
paso 7
a aplicación xa está preparada para sincronizadar todas as fotos que teñas na carpeta da cámara
este proceso levará máis ou menos tempo en función da cantidade de fotos e vídeos que teñas no móbil, así como da velocidade da túa conexión wi-fi. Ten paciencia
ten en conta que non todas as carpetas da GALERÍA se sincronizarán por defecto
todas as fotos e/ou carpetas que presenten o símbolo da NUBE TACHADA(1), non están sincronizadas
para configurar as fotos que queres ter sincronizadas, preme no botón de MENÚ CONTEXTUAL
paso 8
preme en AJUSTES
paso 9
preme en COPIA DE SEGURIDAD Y SINCRONIZACIÓN
paso 10
asegúrate de que o check de CREAR COPIA DE SEGURIDAD Y SINCRONIZAR está na posición en azul(1), o que indica que está activado
preme en COPIAS DE SEGURIDAD DE CARPETAS DEL DISPOSITIVO
paso 11
a carpeta da CÁMARA estará sempre sincronizada
selecciona que outras carpetas queres ter sincronizadas(1)