paso 1
- a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET e unha CONTA DE CORREO DE GOOGLE. Se non as tes configuradas, revisa como facelo nos manuais correspondentes:
- asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
paso 3
- a procura de aplicacións podemos facela de dúas maneiras:
- na caixa de texto(1) faremos unha procura directa da aplicación se lle sabemos o nome
- na parte central dispoñemos dunha primeira clasificación do que podemos baixar (xogos, películas, libros...)(2)
- como exemplo, prememos en JUEGOS
paso 4
- a modo de exemplo, prememos en MÁS POPULARES
paso 5
- na parte superior da pantalla(1) temos a clasificación do tipo de elemento que teñamos elixido no paso anterior
- tamén podemos restrinxir a listaxe entre top juegos, top rentables, populares e top ventas(2)
- a modo de exemplo, prememos en TOP JUEGOS
paso 6
- prememos sobre o xogo que queiramos instalar
paso 7
paso 8
- a primeira vez que descargamos unha aplicación, pídenos que completemos a información da nosa conta, habitualmente para introducir os datos dunha tarxeta de crédito, se non o fixemos con anterioridade
- preme en CONTINUAR
paso 9
- preme en SALTAR
- a non ser que descarguemos unha aplicación de pago, non teremos que dar os datos dunha tarxeta de crédito
paso 10
- unha vez descargado podemos abrilo inmediatamente premendo ABRIR
paso 11
- para acceder en calquera momento ás aplicacións que descargamos situámonos na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 12
- despraza a pantalla de dereita a esquerda para acceder a máis aplicacións
paso 13
- atoparemos a aplicación que descargamos en último lugar
- premendo sobre ela abrirémola