a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET. Se non a tes configurada, revisa como facelo no titorial de configuración de internet
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
despraza a pantalla de abaixo a arriba para acceder ás aplicacións
paso 3
preme PLAY STORE
paso 4
play store require ter unha conta GOOGLE para funcionar. Se non a tes activada no teléfono, aparecerá a pantalla de configurar a conta de GOOGLE
preme en CREAR CUENTA para dar de alta unha nova conta en GOOGLE
paso 5
preme en PARA MÍ
paso 6
introduce o teu nome(1) e apelidos(2)
preme en SIGUIENTE
paso 7
introduce a túa data de nacemento(1) e o teu sexo(2)
preme en SIGUIENTE
paso 8
introduce un nome de usuario(1) e preme en SIGUIENTE
paso 9
GOOGLE comprobará a dispoñibilidade dese nome de usuario
se o nome de usuario está ocupado devólvenos á pantalla anterior para introducir unha alternativa
introduce un nome de usuario novo(1) ou escolle un dos que propón GOOGLE(2)
preme en SIGUIENTE
paso 10
unha vez elixido un nome de usuario libre, introduce un contrasinal para a conta. Debe ter polo menos 8 caracteres(1)
volve escribir o contrasinal(2)
preme en SIGUIENTE
paso 11
opcionalmente podes establecer unha opción de recuperación do contrasinal, indicando o teu número de teléfono, no caso de que o esquezas
podes omitir este paso desprazando a pantalla cara abaixo e premendo en SALTAR
poderás indicar o teu número de teléfono noutro momento
paso 12
despraza a pantalla cara abaixo e selecciona os checks de aceptación de condicións(1)
os checks en azul indican que están activos
preme en CREAR CUENTA
paso 13
preme en CONFIRMACIÓN
paso 14
preme en SIGUIENTE
paso 15
a túa conta de Google fará unha copia de seguridade das túas aplicacións, contrasinais e axustes
o interruptor en azul(1) indica que a opción está seleccionada