R
guias de uso móbilR
moto e5
procura e descarga de aplicacións
<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal
paso 1
a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET e unha CONTA DE CORREO DE GOOGLE. Se non as tes configuradas, revisa como facelo nos manuais correspondentes:
CONEXIÓN A INTERNET
e
CONTA CORREO GOOGLE
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
despraza a pantalla de abaixo a arriba para acceder ás aplicacións
paso 3
preme PLAY STORE
paso 4
a busca de aplicacións podemos facela de dúas maneiras:
premendo na CAIXA DE TEXTO da parte superior(1) faremos unha procura directa da aplicación se lle sabemos o nome
na parte central dispoñemos dunha primeira clasificación do que podemos baixar (juegos, películas, libros ou música)
como exemplo, prememos en JUEGOS
paso 5
imos descargar un xogo
prememos en MÁS POPULARES
paso 6
a modo de exemplo situámonos en TOP JUEGOS(1) e prememos sobre o xogo que queiramos descargar
paso 7
prememos en INSTALAR
paso 8
a primeira vez que descargamos unha aplicación debemos finalizar a configuración da nosa conta de Google
preme en CONTINUAR
paso 9
temos a posibilidade de vincular os datos dunha tarxeta de crédito ou usar outro método de pago por se descargamos unha aplicación de pago
como non é o caso, prememos en SALTAR
poderemos completar estes datos en calquera momento
paso 10
unha vez descargado o xogo podemos abrilo inmediatamente premendo ABRIR
paso 11
para acceder en calquera momento ás aplicacións que descargamos situámonos na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 12
despraza a pantalla de abaixo a arriba para acceder ás aplicacións
paso 13
atoparemos a aplicación que descargamos ordenada alfabeticamente
premendo sobre ela abrirémola