paso 1 paso 1 paso 1


  • para utilizar a aplicación FOTOS, tes que ter unha conta Gmail configurada no teléfono

  • se non sabes como facelo mostrámoscho no titorial de CONFIGURACIÓN DE CONTAS GMAIL

  • asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo no BOTÓN CENTRAL


paso 2 paso 2 paso 2


  • despraza a pantalla de abaixo a arriba para acceder ás aplicacións


paso 3 paso 3 paso 3


  • preme en FOTOS


paso 4 paso 4 paso 4


  • a primeira vez que entras na aplicación asegúrate de que o interruptor de CREAR COPIA DE SEGURIDAD Y SINCRONIZAR(1) estea na posición en azul, o que indica que está activado

  • deste xeito, o programa realizará a copia de seguridade das fotos do teu teléfono e sincronizaraas con todos os dispositivos nos que teñas a aplicación Fotos activada co teu usuario cando esteas conectado a unha rede wi-fi

  • preme en LISTO


paso 5 paso 5 paso 5


  • aparécenos a listaxe de todas as fotos que hai no dispositivo, ordenadas por data

  • preme en ÁLBUMES para ver outra clasificación


paso 6 paso 6 paso 6


  • as fotos organizaranse automaticamente en carpetas en función da súa orixe

  • a modo de exemplo, prememos en DOWNLOAD, que son as fotos baixadas de internet ou recibidas por correo electrónico


paso 7 paso 7 paso 7


  • preme na foto que queiras


paso 8 paso 8 paso 8


  • ábrese a pantalla completa
  • desde esta pantalla poderemos compartila por WhatsApp, correo electrónico, facebook, etc(1), editala(2) ou activar Google Lens para facer outras modificacións(3)


paso 9 paso 9 paso 9


  • para borrala, prememos na icona da PAPELEIRA(1)

  • preme no botón de MENÚ CONTEXTUAL para ver máis opcións


paso 10 paso 10 paso 10


  • desde aqui, podemos imprimila, copiala, establecela como fondo de pantalla ou de contacto, etc.(1)