R
guias de uso móbilR
samsung galaxy a9 2018
realizar/gardar foto-vídeo
<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal
paso 1
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
despraza a pantalla de abaixo a arriba para acceder ás APLICACIÓNS
paso 3
preme en CÁMARA
paso 4
a pantalla mostrará o encadre da fotografía
para tirar unha foto tes que premer o botón do disparador(1)
todas as fotos que fagamos hanse gardar automaticamente na carpeta CÁMARA da GALERÍA(2)
paso 5
para gravar vídeo, preme na icona de VÍDEO(1)
paso 6
despraza a pantalla de dereita a esquerda ou de esquerda a dereita para modificar os modos de fotografía
o modo activo en cada momento estará resaltado en amarelo na parte superior do encadre(1)
paso 7
na parte inferior do encadre poderás cambiar á cámara frontal(1) e activar filtros fotográficos(2)
paso 8
tamén podes activar o flash(1) e usar a pantalla completa como encadre(2)
preme no botón de AXUSTES para acceder a máis opcións
paso 9
aquí podemos modificar axustes avanzados, como o tamaño e a resolución de fotos e vídeos, o tempo do temporizador, métodos de disparo, etc.(1)
preme na tecla de RETROCESO para volver ó encadre