paso 1
- introduce a ferramenta de expulsión no orificio do lateral dereito do dispositivo(1)
- retira a bandexa e coloca as tarxetas nanoSIM(2) e microSD(3) nos seus emprazamentos, tal e como se amosa no debuxo
- volve introducir a bandexa no seu lugar
paso 2
- a ranura USB para cargar o móbil ou conectalo ó ordenador atópase na parte inferior do terminal
paso 3
- acende o móbil premendo o botón de ACENDIDO situado na parte posterior do teléfono
paso 4
- debes introducir o PIN da tarxeta SIM
- atoparás o PIN na cinta de casete R que vén coa SIM ou na web de clientes R: http://clientes.mundo-r.com
paso 5
- introduce o pin da SIM(1) e preme o botón de VALIDAR
paso 6
- selecciona o idioma do teléfono(1) e preme no botón de CONTINUAR
paso 7
- activa a conexión de datos móbiles(1) e a conexión wi-fi(2)
- os interruptores en azul indican que están activadas
- máis adiante veremos como conectarnos a unha rede wi-fi
- preme en SIGUIENTE
paso 8
- tes a posibilidade de configurar as túas aplicacións tal e como as tiñas no teu anterior dispositivo
- neste caso, prememos en CONFIGURAR COMO NUEVO
- veremos como instalar aplicacións e recuperar os teus datos máis adiante
paso 9
- preme en SALTAR na configuración da conta de Google
- poderemos configurala máis adiante
paso 10
- preme SALTAR para confirmar que non queremos configurar a conta de Google neste momento
paso 11
- introduce, se queres, o teu nome e apelidos(1), servirán para personalizar algunhas aplicacións
- preme en SIGUIENTE
paso 12
- temos a posibilidade de engadir a nosa pegada dixital para desbloquear a pantalla e para outras opcións de seguridade
- poderás facelo máis adiante
- selecciona NO, GRACIAS(1) de xeito que se active o check en azul
- preme en SIGUIENTE
paso 13
- preme en SALTAR para confirmar
paso 14
- activa ou desactiva os servizos de Google, como os servizos de ubicación ou a axuda ó desenvolvemento de aplicacións, premendo nos interruptores(1)
- a pocición en azul indica que o servizo está activado
- preme ACEPTO
paso 15
- selecciona a rexión de uso do teléfono premendo en EU, EEA, SUIZA(1)
- o check en azul indica a opción elixida
preme en SIGUIENTE
paso 16
- selecciona os checks de conformidade cos termos de uso de Lg e poder continuar
- os checks en azul(1) indican que están seleccionados
- preme en HECHO e o teu teléfono xa está configurado