asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
despraza a pantalla de abaixo a arriba para acceder ás APLICACIÓNS
paso 3
preme en CÁMARA
paso 4
a pantalla mostrará o encadre da fotografía
para tirar unha foto tes que premer o botón do disparador(1)
todas as fotos que fagamos hanse gardar automaticamente na carpeta CÁMARA da GALERÍA(2)
paso 5
para cambiar á cámara frontal, preme na icona de CAMBIO DE CÁMARA(1)
paso 6
despraza a pantalla de dereita a esquerda ou de esquerda a dereita para modificar os modos de fotografía (enfoque dinámico, foto, vídeo, superlento...)
o modo activo en cada momento estará resaltado en branco(1)
paso 7
na parte superior do encadre poderás activar distintos filtros(1) e modificar a relación de aspecto(2)
paso 8
tamén podes activar o temporizador(1) e modificar o modo de flash(2)
preme no botón de AXUSTES para acceder a máis opcións
paso 9
aquí podemos modificar axustes avanzados, como funcións intelixentes, resolución das fotos e vídeos, etc.(1)
o interruptor en azul indica que a opción está activada