asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme CÁMARA
paso 3
a pantalla mostrará o encadre da fotografía
para tirar unha foto tes que premer o botón do disparador(1)
todas as fotos que fagamos hanse gardar automaticamente na carpeta CÁMARA da GALERÍA, á que poderemos acceder directamente premendo na miniatura da última foto sacada(2)
paso 4
para pasar á CÁMARA FRONTAL, preme na icona situada á dereita do disparador
paso 5
desprazando a barra central(1) de dereita a esquerda ou de esquerda a dereita podemos cambiar entre diferentes modos de fotografía e vídeo
a opción resaltada en azul é a que está activa nese momento
paso 6
na parte superior da pantalla podemos activar o FLASH(1)
preme no botón de AXUSTES para acceder a máis opcións
paso 7
desde aquí podes modificar a resolución de fotos e vídeos, activar a ubicación, o temporizador, etc.(1)
o interruptor en azul en determinadas opcións indica que están activadas
preme a TECLA DE RETROCESO para volver á pantalla de encadre