a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET. Se non a tes configurada, revisa como facelo no titorial de configuración de internet
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme en PLAY STORE
paso 3
play store require ter unha conta GOOGLE para funcionar. Se non a tes activada no teléfono, aparecerá a pantalla de configurar a conta de GOOGLE
preme en CREAR CUENTA para dar de alta unha nova conta en GOOGLE
paso 4
preme en PARA MÍ
paso 5
introduce o teu nome(1) e apelidos(2)
preme en SIGUIENTE
paso 6
introduce a túa data de nacemento(1) e o teu sexo(2)
preme en SIGUIENTE
paso 7
introduce un nome de usuario(1) e preme en SIGUIENTE
paso 8
se o nome de usuario está ocupado devólvenos á pantalla anterior para introducir unha alternativa
introduce un nome de usuario novo(1) ou escolle un dos que propón Google(2)
preme en SIGUIENTE
paso 9
unha vez elixido un nome de usuario libre, introduce un contrasinal para a conta. Debe ter polo menos 8 caracteres(1)
volve escribir o contrasinal(2)
preme en SIGUIENTE
paso 10
podes introducir o teu teléfono como opción de recuperación do contrasinal, no caso de que o esquezas
despraza a pantalla cara abaixo e preme en SALTAR para continuar omitindo este paso
paso 11
debemos aceptar as condicións de servizo de Google seleccionando os checks correspondentes(1)
os checks en azul indican que están seleccionados
preme en CREAR CUENTA
paso 12
preme en CONFIRMACIÓN
paso 13
preme en SIGUIENTE
paso 14
a túa conta de Google fará unha copia de seguridade das túas aplicacións e axustes
o interruptor en azul(1) indica que a opción está activada