para restaurar unha copia de seguridade de WhatsApp é imprescindible que sigas estes pasos ANTES de instalar o WhatsApp no móbil novo
colle o móbil antigo e asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
despraza a pantalla de dereita a esquerda para acceder a máis aplicacións
paso 3
preme en WHATSAPP
paso 4
preme no botón de MENÚ CONTEXTUAL
paso 5
preme en AJUSTES
paso 6
preme en CHATS
paso 7
preme en COPIA DE SEGURIDAD
paso 8
preme en GUARDAR
o terminal procederá a facer unha copia de seguridade dos chats tanto na memoria interna do teléfono como en Google Drive, o espazo de almacenamento gratuito de Google na nube
o proceso pode levar un tempo. Ten paciencia
paso 9
agora instalaremos o WhatsApp no móbil novo
a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET e unha CONTA DE CORREO DE GOOGLE. Se non as tes configuradas, revisa como facelo nos manuais correspondentes: