honor 20 lite

realizar/gardar foto-vídeo

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal

paso 1 paso 1 paso 1


  • asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL


paso 2 paso 2 paso 2


  • preme CÁMARA


paso 3 paso 3 paso 3


  • a pantalla mostrará o encadre da fotografía

  • para tirar unha foto tes que premer o botón do disparador(1)

  • todas as fotos que fagamos hanse gardar automaticamente na carpeta CÁMARA da GALERÍA, á que poderemos acceder directamente premendo na miniatura da última foto sacada(2)


paso 4 paso 4 paso 4


  • para pasar á CÁMARA FRONTAL, preme na icona situada á dereita do disparador


paso 5 paso 5 paso 5


  • desprazando a barra central(1) de dereita a esquerda ou de esquerda a dereita podemos cambiar entre diferentes modos de fotografía e vídeo

  • a opción resaltada en azul é a que está activa nese momento


paso 6 paso 6 paso 6


  • na parte superior da pantalla podemos activar a HIVISION, para identificar obxectos e facer compras(1), activar o FLASH(2), as FOTOS CON MOVEMENTO(3) e a IA(4), para mellorar as fotos

  • preme no botón de AXUSTES para acceder a máis opcións


paso 7 paso 7 paso 7


  • desde aquí podes modificar a resolución de fotos e vídeos, activar a ubicación, o temporizador, etc.(1)

  • o interruptor en azul en determinadas opcións indica que están activadas

  • preme a TECLA DE RETROCESO para volver á pantalla de encadre