honor 20 lite

gardar fotos na conta de gmail

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal

paso 1 paso 1 paso 1


  • para gardar as fotos na conta de gmail tes que ter a conta configurada no teléfono

  • se non sabes como facelo mostrámoscho no titorial de CONFIGURACIÓN DE CONTAS GMAIL

  • asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo no BOTÓN CENTRAL


paso 2 paso 2 paso 2


  • preme na carpeta de GOOGLE para abrila


paso 3 paso 3 paso 3


  • preme en FOTOS


paso 4 paso 4 paso 4


  • a primeira vez que entramos, deberemos configurar as opcións de copia de seguridade

  • por defecto aparécenos activada a opción de crear copia de seguridade das nosas fotos e vídeos na nosa conta de Google(1)

  • o interruptor en azul indica que a copia de seguridade está activada

  • por defecto, as fotos sincronizaranse unicamente cando esteamos conectados a unha rede wi-fi, deste xeito non esgotaremos o noso plan de datos

  • tamén, por defecto, as fotos gardaranse en Alta Calidade, suficiente anque lixeiramente inferior á capacidade da cámara do noso terminal, pero deste xeito teremos almacenamento ilimitado de balde

  • preme en LISTO


paso 5 paso 5 paso 5


  • a aplicación procederá a facer a copia de seguridade

  • este proceso levará máis ou menos tempo en función da cantidade de fotos e vídeos que teñas no móbil, así como da velocidade da túa conexión wi-fi. Ten paciencia


paso 6 paso 6 paso 6


  • agora debemos verificar que temos activada a opción de sincronización de fotos na nosa conta de Google

  • preme no botón de MENÚ CONTEXTUAL


paso 7 paso 7 paso 7


  • preme en AJUSTES


paso 8 paso 8 paso 8


  • preme en COPIA DE SEGURIDAD Y SINCRONIZACIÓN


paso 9 paso 9 paso 9


  • preme en COPIAS DE SEGURIDAD DE CARPETAS DEL DISPOSIT...


paso 10 paso 10 paso 10


  • selecciona as carpetas da Galería das que queres crear copias de seguridade(1)

  • o interruptor en azul indica que a carpeta está seleccionada

  • preme na tecla de RETROCESO para saír