o uso de contas de correo require activar a conexión a internet. Se non a tes configurada, podes ver como facelo no titorial de configuración de internet
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
despraza a pantalla de abaixo a arriba para acceder ás APLICACIÓNS
paso 3
preme na carpeta SAMSUNG para abrila
paso 4
preme en CORREO ELECTRÓNICO
paso 5
preme na icona de NOVO CORREO
paso 6
preme na icona de REDACTAR MENSAJE NUEVO
paso 7
escribe directamente o enderezo do destinatario ou introduce as primeiras letras do seu nome se o tes nos teus contactos(1)
preme sobre o contacto
paso 8
no campo DE, selecciona a conta desde a que queres enviar o correo(1)
paso 9
escribe o asunto(1)
escribe o corpo da mensaxe(2)
paso 10
preme na icona de ACHEGAR ARQUIVO se queres enviar algún elemento no teu correo
paso 11
a modo de exemplo enviaremos unha imaxe que teñamos gardada
preme en GALERÍA
paso 12
as fotos organízanse de xeito automático en carpetas en función da súa orixe
a modo de exemplo prememos en DESCARGAS, que son as baixadas de internet ou recibidas por correo electrónico