paso 1
- asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
paso 3
- a pantalla mostrará o encadre da fotografía
- para tirar unha foto tes que premer o botón do disparador(1)
- todas as fotos que fagamos hanse gardar automaticamente na carpeta CÁMARA da GALERÍA, á que poderemos acceder directamente premendo na miniatura da última foto sacada(2)
paso 4
- desprazando a barra inferior á dereita ou á esquerda, cambiaremos o modo de fotografía e vídeo: retrato, lente AR, modo de apertura, vídeo, profesional...(1)
- o modo actual será o sinalado en azul
paso 5
- para pasar á cámara frontal, premeremos a icona de cambio de cámara(1)
paso 6
- na parte superior da pantalla, temos acceso á activación do flash(1), do modo HDR, da intelixencia artificial(3) e á aplicación de distintos filtros de fotografía(4)
- preme no botón de MENÚ CONTEXTUAL para acceder a máis opcións
paso 7
- desde aquí podes aplicar máis opcións como temporizador, desenfoque selectivo, modo beleza... e acceder a axustes avanzados para modificar a resolución de fotos e vídeos, activar a ubicación etc.(1)
- preme na TECLA DE RETROCESO para volver á pantalla de encadre