samsung galaxy a30s

realizar/gardar foto-vídeo

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal

paso 1 paso 1 paso 1


  • asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL


paso 2 paso 2 paso 2


  • despraza a pantalla de abaixo a arriba para acceder ás APLICACIÓNS


paso 3 paso 3 paso 3


  • preme en CÁMARA


paso 4 paso 4 paso 4


  • a pantalla mostrará o encadre da fotografía

  • para tirar unha foto tes que premer o botón do disparador(1)

  • todas as fotos que fagamos hanse gardar automaticamente na carpeta CÁMARA da GALERÍA(2)


paso 5 paso 5 paso 5


  • para cambiar á cámara frontal, preme na icona de CAMBIO DE CÁMARA(1)


paso 6 paso 6 paso 6


  • despraza a pantalla de dereita a esquerda ou de esquerda a dereita para modificar os modos de fotografía (enfoque dinámico, foto, vídeo, superlento...)

  • o modo activo en cada momento estará resaltado en branco(1)


paso 7 paso 7 paso 7


  • na parte superior do encadre poderás activar distintos filtros(1) e modificar a relación de aspecto(2)


paso 8 paso 8 paso 8


  • tamén podes activar o temporizador(1) e modificar o modo de flash(2)

  • preme no botón de AXUSTES para acceder a máis opcións


paso 9 paso 9 paso 9


  • aquí podemos modificar axustes avanzados, como funcións intelixentes, resolución das fotos e vídeos, etc.(1)

  • o interruptor en azul indica que a opción está activada

  • preme na tecla de RETROCESO para volver ó encadre