a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET. Se non a tes configurada, revisa como facelo no titorial de configuración de internet
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme en PLAY STORE
paso 3
play store require ter unha conta GOOGLE para funcionar. Se non a tes activada no teléfono, aparecerá a pantalla de configurar a conta de GOOGLE
preme en CREAR CUENTA para dar de alta unha nova conta en GOOGLE
paso 4
preme en PARA MÍ
paso 5
introduce o teu nome(1) e apelidos(2)
preme en SIGUIENTE
paso 6
introduce a túa data de nacemento(1) e o teu sexo(2)
preme en SIGUIENTE
paso 7
selecciona uns dos nomes de usuario que propón Google(1) ou introduce un creado por ti(2)
o check azul indica a opción seleccionada
preme en SIGUIENTE
paso 8
unha vez elixido un nome de usuario, introduce un contrasinal para a conta. Debe ter polo menos 8 caracteres(1)
volve escribir o contrasinal(2)
preme en SIGUIENTE
paso 9
podes introducir o teu teléfono como opción de recuperación do contrasinal, no caso de que o esquezas
despraza a pantalla cara abaixo e preme en SALTAR para continuar omitindo este paso
paso 10
debemos aceptar as condicións de servizo de Google
despraza a pantalla cara abaixo e selecciona os checks correspondentes(1)
os checks en azul indican que están seleccionados
preme en CREAR CUENTA
paso 11
preme en CONFIRMACIÓN
paso 12
preme en SIGUIENTE
paso 13
a túa conta de Google fará unha copia de seguridade das túas aplicacións e axustes
o interruptor en azul(1) indica que a opción está activada