paso 1
- introduce a ferramenta de expulsión nos orificios do lateral esquerdo do dispositivo(1)
- retira as bandexas(2) e coloca as tarxetas nanoSIM1 e micro SD na bandexa grande e a tarxeta nanoSIM2 na bandexa pequena(3), tal e como se amosa no debuxo
- volve introducir as bandexas no seu lugar
paso 2
- a ranura USB para cargar o móbil ou conectalo ó ordenador atópase na parte inferior do terminal
paso 3
- acende o móbil premendo o botón de ACENDIDO(1)
paso 4
- debes introducir o PIN da tarxeta SIM
- atoparás o PIN na cinta de casete R que vén coa SIM ou na web de clientes R
paso 5
- introduce o pin da SIM(1) e preme o botón de VALIDAR
paso 6
- selecciona o idioma do teléfono(1) e preme no botón de CONTINUAR
paso 7
- selecciona como queres que se vexa a pantalla(1)
- o check en azul indica a opción seleccionada
- preme en SIGUIENTE
paso 8
- activa a conexión de datos móbiles(1) e, opcionalmente, a conexión wi-fi(2)
- os interruptores en azul indican que están activadas
- máis adiante veremos como conectarnos a unha rede wi-fi, así que polo de agora deixarémos a opción desactivada
- preme en SIGUIENTE
paso 9
- tes a posibilidade de configurar as túas aplicacións tal e como as tiñas no teu anterior dispositivo
- neste caso, prememos en NO COPIAR
- veremos como instalar aplicacións e recuperar os teus datos máis adiante
paso 10
- preme en SALTAR na configuración da conta de Google
- poderemos configurala máis adiante
paso 11
- preme SALTAR para confirmar que non queremos configurar a conta de Google neste momento
paso 12
- selecciona os servizos de Google que queres activar(1)
- os interruptores en azul indican os servizos seleccionados
- despraza a pantalla cara abaixo e preme en ACEPTAR
paso 13
- temos a posibilidade de engadir un protector para desbloquear a pantalla e para outras opcións de seguridade
- poderás facelo máis adiante
- selecciona NO, GRACIAS(1) de xeito que se active o check en azul
- preme en SIGUIENTE
paso 14
- preme en SALTAR para confirmar
paso 15
- selecciona a rexión de uso do teléfono premendo en EU, EEA, SUIZA(1)
- o check en azul indica a opción elixida
preme en SIGUIENTE
paso 16
- selecciona os checks de conformidade cos termos de uso de Lg e poder continuar
- os checks en azul(1) indican que están seleccionados
- preme en SIGUIENTE
paso 17
- se che aperecese esta pantalla, preme en CONTINUAR
- se non che aparace, irás directamente á pantalla de inicio e o teu teléfono xa estará configurado