R
guias de uso móbilR
lg q60
procura e descarga de aplicacións
<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal
paso 1
a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET e unha CONTA DE CORREO DE GOOGLE. Se non as tes configuradas, revisa como facelo nos manuais correspondentes:
CONEXIÓN A INTERNET
e
CONTA CORREO GOOGLE
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme en PLAY STORE
paso 3
a busca de aplicacións podemos facela de dúas maneiras:
na caixa de texto(1) faremos unha procura directa da aplicación se lle sabemos o nome
na parte inferior dispoñemos dunha primeira clasificación do que podemos baixar (xogos, aplicacións, películas...)(2)
como exemplo, prememos en JUEGOS
paso 4
aparécenos unha subclasificación do tipo de elemento que seleccionamos no paso anterior
neste caso, TOP POPULARES, PREMIUM, CATEGORÍAS...(1)
como exemplo, prememos en TOP POPULARES
paso 5
amósasenos unha listaxe cos xogos máis descargados(1)
paso 6
prememos sobre o xogo que queiramos instalar
paso 7
prememos en INSTALAR
paso 8
unha vez descargado podemos abrilo inmediatamente premendo ABRIR
paso 9
para acceder en calquera momento ás aplicacións que descargamos situámonos na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 10
despraza a pantalla de dereita a esquerda para acceder a máis aplicacións
paso 11
atoparemos a aplicación que descargamos en último lugar
premendo sobre ela abrirémola