- IMPORTANTE:
LE ISTO ANTES DE INSTALAR WHATSAPP NO NOVO MÓBIL!!!
- cando instalas WhatsApp nun novo teléfono seguirás tendo os mesmos grupos que tiñas antes, aínda que non terás o historial de conversas ou as fotos que che enviaran por WhatsApp no teu móbil antigo
- se non tes interese en gardar ese historial, adiante, instala xa o WhatsApp no novo móbil. Nós recomendámosche que fagas isto; pensa en que é unha boa ocasión para facer limpeza e comezar de novo aforrando espazo
- se pola contra, queres facer unha copia de todo WhatsApp, continúa lendo
- existen dous escenarios para copiar TODO o WhatsApp:
- copia de iphone a iphone: faise unha copia das conversas en iCloud no teu iphone antigo e despois, conéctaste a iCloud antes de instalar o whatsapp no iphone novo
- se queres facer a copia deste xeito, preme aquí
- copia desde un móbil android a iphone: precisaremos un PC e utilizar un programa de apoio que deberemos instalar, como por exemplo DR. FONE, que podemos localizar en internet