o envío de correo require activar a conexión a internet e unha conta de correo no teléfono. Se non as tes configuradas, podes ver como facelo nos manuais correspondentes asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN DE INICIO
paso 2
accede ó MENÚ premendo a tecla que se atopa baixo a palabra MENÚ
paso 3
co BOTÓN CENTRAL, selecciona e preme EMAIL
paso 4
co BOTÓN CENTRAL, selecciona e preme CREAR CORREO ELECTRÓNICO
paso 5
co BOTÓN CENTRAL, selecciona o campo PARA(1) e escribe directamente o enderezo de correo de destino ou preme o BOTÓN CENTRAL para engadilo desde a a axenda
paso 6
co BOTÓN CENTRAL, selecciona e preme no contacto de destino se escribes as primeiras letras no campo de busca(1) delimitas os elementos da listaxe
paso 7
co BOTÓN CENTRAL, sitúate sobre os campos ASUNTO(1) e TEXTO(2) para escribir o seu contido
paso 8
co BOTÓN CENTRAL, selecciona e preme no elemento que queiras engadir(1) a modo de exemplo, eliximos ADJUNTAR IMÁGENES
paso 9
co BOTÓN CENTRAL selecciona e preme na imaxe(1) e, a continuación, preme na tecla que está baixo a palabra OPCIONES(2)