samsung c3520

transferir arquivos por bluetooth

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal


paso 1 paso 1 paso 1


para transferir arquivos por bluetooth, debes telo activado; se non sabes como, explicámoscho no manual correspondente
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN DE INICIO
todos os arquivos susceptibles de seren enviados por bluetooth terán esta opción dispoñible cando estean seleccionados (fotos, contactos...)
a modo de exemplo, enviaremos un contacto


paso 2 paso 2 paso 2


accede ó MENÚ premendo a tecla que se atopa baixo a palabra MENÚ


paso 3 paso 3 paso 3


co BOTÓN CENTRAL, selecciona e preme CONTACTOS


paso 4 paso 4 paso 4


co BOTÓN CENTRAL, selecciona e preme sobre o contacto que queres abrir
escribindo as primeiras letras do nome do contacto(1) acotaremos o listado


paso 5 paso 5 paso 5


ábrese toda a información do contacto
entra en OPCIÓNS premendo a tecla que está baixo a palabra OPCIONES


paso 6 paso 6 paso 6


co BOTÓN CENTRAL, selecciona e preme ENVIAR TARJETA DE CONTACTO MEDIANTE


paso 7 paso 7 paso 7


co BOTÓN CENTRAL, selecciona e preme BLUETOOTH


paso 8 paso 8 paso 8


co BOTÓN CENTRAL, selecciona e preme sobre o dispositivo de destino
o tempo de envío dependerá do tamaño do arquivo que estamos a enviar