samsung galaxy note

procura e descarga de aplicacións

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal

paso 1 paso 1 paso 1


a conexión con Market require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET. Se non a tes configurada, revisa como configurar internet no manual correspondente
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL


paso 2 paso 2 paso 2


preme APLICACIÓN


paso 3 paso 3 paso 3


preme MARKET
se non localizas a icona, proba a deslizares o dedo de dereita a esquerda para moverte entre as pantallas


paso 4 paso 4 paso 4


a procura de aplicacións podemos facela de dous xeitos:
premendo na lupa da parte superior(1) faremos unha busca directa da aplicación se lle coñecemos o nome
desprazando a pantalla de dereita a esquerda ou de esquerda a dereita moverémonos por diferentes criterios de busca máis amplos(2). Isto é, categorías, destacados, top ventas, top gratis, top ingresos, top ventas nuevo, top gratis nuevo e, populares
a modo de exemplo, imos descargar unha aplicación desde categorías. Para iso, como estamos na pantalla de destacados(2), desprazamos a pantalla de dereita a esquerda


paso 5 paso 5 paso 5


preme JUEGOS


paso 6 paso 6 paso 6


aparécenos unha pantalla practicamente igual á principal de Market, pero centrada na categoría de xogos
se prememos na lupa(1), poderemos facer unha busca directa do xogo que queremos
desprazando a pantalla de dereita a esquerda e de esquerda a dereita moverémonos tamén dentro de diferentes criterios de busca(2).Isto é, categorías, destacados, top ventas, top gratis...
continuando co exemplo, procuraremos un xogo de balde de entre os máis descargados. Para iso desprazamos a pantalla de dereita a esquerda ata chegar a Top Gratis


paso 7 paso 7 paso 7


prememos sobre o xogo que queiramos descargar


paso 8 paso 8 paso 8


aparécenos unha descrición xeral da aplicación, capturas de pantalla e comentarios de usuarios que a descargaron
preme DESCARGAR


paso 9 paso 9 paso 9


preme ACEPTAR e DESCARGAR


paso 10 paso 10 paso 10


comeza o proceso de descarga, que tardará máis ou menos dependendo do tamaño da aplicación e da calidade de conexión


paso 11 paso 11 paso 11


preme ABRIR para acceder directamente á aplicación


paso 12 paso 12 paso 12


as aplicacións descargadas situaranse, por defecto, ó final da pantalla de APLICACIÓN