facer un hard reset do teléfono implica a perda total de datos
1.- apaga o teléfono; se os botóns non funcionan, sácalle a batería e vólvella a poñer
2.- preme os botóns de BAIXAR VOLUME e o de APAGADO ó mesmo tempo coa man esquerda
3.- en canto se encendan os leds inferiores e antes de que saia o logo de LG na pantalla, preme a TECLA DE MENÚ coa túa man dereita sen soltar os botóns anteriores
4.- en canto o teléfono vibre, solta o BOTÓN DE ENCENDIDO pero mantén o de BAIXAR VOLUME e a TECLA DE MENÚ
5.- cando saia o logo de LG na pantalla mantén premido o botón de BAIXAR VOLUME e a TECLA DE MENÚ durante 2 segundos e sóltaos antes de que desapareza o logo de LG
o teléfono reiniciarase cos axustes orixinais de fábrica