asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme MENÚ
paso 3
preme CÁMARA
paso 4
a pantalla mostrará o encadre da fotografía para tirar unha foto tes que premer o botón do disparador(1) todas as fotos que fagamos hanse gardar automaticamente na carpeta CÁMARA da GALERÍA(2)
paso 5
para pasar a modo vídeo, preme na icona de vídeo(1)
paso 6
preme en MODO
paso 7
poderemos seleccionar programas predefinidos para determinado tipo de fotografías: automático, noite, deportes, retrato...(1)
paso 8
tamén temos a posibilidade de cambiar á cámara frontal(1), utilizar as dúas cámaras nunha mesma foto(2) e acceder a opcións avanzadas(3) como uso de flash, balance de brancos, temporizador, etc.